Concertos Solidarios: Coral Sobradelo, Voces Amigas e Música 10





Unha fin de semana musical e moi solidaria no barrio do Piñeiriño

A Asociación veciñal Breogán organiza unha serie de concertos solidarios con recollida de alimentos non perecedeiros para doar a Cáritas. Será no Centro Cultural Breogán (rúa Fermín Bouza-Brey nº7). A entrada é gratuíta e aberta a todo o mundo.

O Venres día 15 ás 20:00h actuará a “Coral de Sobradelo”. 
O sábado día 16 haberá dúas actuacións, “Coro Voces Amigas” ás 19:30h e “Grupo Música 10” ás 20:45h. 

A asociación instalará o venres e o sábado un punto de recollida de alimentos non perecedeiros no Centro Cultural Breogán para ser recollidos ao inicio de cada concerto.

O Grupo Música 10 é un grupo que leva varios anos ensaiando no centro, este será o seu segundo concerto en menos dun ano. Son un grupo de veciños do barrio moi ilusionados por compartir a súa música co resto da veciñanza. A asociación agradece ao “Coro Voces Amigas” e á “Coral de Sobradelo” que decidisen sumarse e compartir escenario por unha boa causa e para celebrar no mellor barrio de mundo o nadal.

Tamén agradecen a Dito & Feito polo deseño e a elaboración do cartel do evento e ao Concello de Vilagarcía por prestar o equipo de son para os concertos.

A árbore de nadal máis pequena de España está exposta no Centro Cultural Breogán, pódese ver con lupa dende a rúa e todo o mundo poderá vela de cerca dentro do local durante o transcurso do evento. No Centro Cultural Breogán hai cafetería e todo o mundo está convidado a asociarse na asociación por só 15€ ao ano.

Lembrade que no centro cultural hai cafetería, temos lotería de nadal e tamén podedes asociarvos por 15€ ao ano por núcleo familiar.

PROGRAMA:

  • Venres día 15 ás 20:00h actuará a "Coral de Sobradelo".
  • O sábado día 16 haberá dúas actuacións: 
    • Ás 19:30h actuará o "Coro Voces Amigas".
    • Ás 20:45h actuará o "Grupo Música 10".

O punto de recollida de alimentos non perecedeiros para doar a Cáritas estará no Centro Cultural Breogán (rúa Fermín Bouza-Brey, 7), os alimentos serán recollidos ao inicio de cada concerto. 

Fotos e vídeos do evento 













No vídeo, un momento da actuación do Grupo 10, con grande asistencia de público. 


 








 


 
























0 Comentarios