Clube de Lectura O Piñeiriño


Clube de Lectura O Piñeiriño 

O primeiro mércores de cada mes, as 21.00 h na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán. Entrada e participación libre. 


Reina roja | | 21h mércores 10abr.2024

Tódolos primeiros mércores de cada mes ás 21:00h no Centro Cultural Breogán (Rúa Fermín Bouza-Brey nº7).

A entrada é libre e gratuíta. Podedes colaborar coa asociación consumindo algo na cafetería do centro cultural ou asociándovos por 15€ ao ano por unidade familiar.


El bosque de los cuatro vientos, de María Oruña | 21h martes 5mar.2024 | Primeiro aniversario do Clube de Lectura do Piñeiriño 

LIBRO: El bosque de los cuatro vientos - María Oruña
Data: Martes 5 de marzo ás 21:00 
En esta ocasión, O clube de lectura celebrase excepcionalmente un martes, o martes 5 de marzo. 

O Clube de Lectura de O Piñieiriño Celebra o Seu Primeiro Aniversario. 

É con gran alegría que celebramos o primeiro aniversario do Clube de Lectura de O Piñieiriño, un espazo onde os amantes da literatura puidemos compartir as nosas paixóns e descubrir novos mundos a través dos libros. Neste especial aniversario, queremos destacar o libro que acompañou a nosa xornada durante este último mes: "O bosque dos catro ventos", da talentosa escritora galega María Oruña.

Durante estes meses, o noso clube creceu en número e en conexión, e a experiencia de mergullarnos nas páxinas dos libros, especialmente nesta última obra, foi verdadeiramente enriquecedora. "El bosque de los cuatro vientos" transportounos a un universo fascinante, onde os segredos e misterios do pasado conflúen co presente nunha trama absorbente e emocionante, que analizaremos na reunión de este marzo. 

Nesta xornada tan especial, queremos agradecer a todos os membros do clube polo seu compromiso e entusiasmo continuo. Sen a vosa participación activa e a vosa paixón pola lectura, non sería posible celebrar este éxito. 

A través dos libros, descubrimos non só historias e personaxes, senón tamén nos conectamos como comunidade, compartindo ideas e reflexións que enriqueceron as nosas vidas. O Clube de Lectura de O Piñieiriño é máis que un simple encontro para debater libros; é unha oportunidade para compartir, aprender e crecer xuntos. 

Ao cumprir o noso primeiro aniversario, miramos con entusiasmo cara ao futuro e anticipamos moitas máis aventuras literarias xuntos. Que sigamos descubrindo novos mundos a través das palabras e celebrando a nosa paixón pola lectura en cada reunión. 

¡Feliz aniversario, Clube de Lectura de O Piñieiriño!



La Paciencia Silenciosa, de Alex Michaelides | 21h mércores 7feb.2024

Tódolos primeiros mércores de cada mes ás 21:00h no Centro Cultural Breogán (Rúa Fermín Bouza-Brey nº7).

A entrada é libre e gratuíta. Podedes colaborar coa asociación consumindo algo na cafetería do centro cultural ou asociándovos por 15€ ao ano por unidade familiar.





El nido del cuco, de Camilla Läckberg | 21h mércores 10xan.2024

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre

Comezamos 2024 co primeiro libro do ano, no noso clube de lectura. Nesta ocasción será 'El Nido del Cuco'


Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë | 21h mércores 13dec.2023

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán. En esta ocasión o libro será: Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë.

O nosos eventos son abertos a todo o mundo e completamente gratuítos. Unha forma de colaborar coa asociación é asociarse (15€ ao ano), consumir algo na cafetería do centro cultural ou mercando lotería de nadal.




Viento del Este, Viento del Oeste,  de Pearl S. Buck | 21h mércores 13dec.2023 

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán. En esta ocasión o libro será: Pearl S. Buck, Viento del Este, Viento del Oeste 

O nosos eventos son abertos a todo o mundo e completamente gratuítos. Unha forma de colaborar coa asociación é asociarse (15€ ao ano), consumir algo na cafetería do centro cultural ou mercando lotería de nadal.


La trilogía del Baztan, de Dolores Redondo | 21h mércores 4out.2023

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre en Centro Cultural Breogán, O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán 

La trilogía del Baztan:
-El guardián invisible
-Legado en los huesos
-Ofrenda a la tormenta


Chlumpf, Erwin: Homicidio, de Friedrich Glauser | 21h mércores 7xuñ.2023

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre en Centro Cultural Breogán, O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán 

"chlumpf, Erwin: Homicidio" Novela de Friedrich Glauser. Traducción de Laureano Araujo (premio XIX de Tradución Plácido Castro)


La conjura de los necios, de John Kennedy Toole | 21h mércores 3mai.2023

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre en Centro Cultural Breogán, O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán 


Diez Negritos, de Agatha Christie | 21h mércores 12abr.2023

(antes programado para 5abr, aplazouse)

O club de lectura xa escolleu libro para ler este mes‼️

Estades a tempo de lelo e participar no clube o vindeiro mércores día 5 de abril 

Organiza: Asociación Veciñal Breogán. Entrada libre en Centro Cultural Breogán, O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán 

Libro 'Diez Negritos' de Agatha Christie



Presentación do Clube de Lectura o Piñeriño | 21h mércores 1mar.2023

en Centro Cultural Breogán, O Piñeiriño, Vilagarcía de Arousa 
Entrada libre 
Organiza: Asociación Veciñal Breogán 

O primeiro mércores de cada mes, na biblioteca da Asociación Veciñal Breogán 

A asociación de veciños de O Piñeiriño pon en marcha un emocionante e novo club de lectura no noso querido barrio. A partir de mañá, 1 de marzo, iniciaremos esta apaixonante aventura literaria, cun evento de presentación que terá lugar no Centro Cultural Breogán, ás nove da noite.

Durante esta celebración inaugural, seleccionaremos o primeiro libro que será obxecto de discusión e análise durante o mes de abril, marcando así o rumbo para futuras reunións. As persoas interesadas en participar están convidadas a unirse a nós nesta xornada especial.

Co obxectivo de fomentar a participación e o compromiso coa lectura no noso barrio, durante todo o mes de marzo, desenvolveremos unha campaña de promoción do libro escollido, coa intención de involucrar a todos os interesados na actividade que terá lugar o primeiro mércores do mes seguinte.

A entrada a estas reunións do club de lectura é totalmente gratuíta e animamos a todos os veciños e veciñas a asistir e gozar desta experiencia enriquecedora. Ademais, convidámosvos a colaborar con nós, facéndovos socios da asociación, para garantir a continuidade das actividades ao longo de todo o ano.

"Dende que anunciamos a creación do club de lectura nas nosas redes sociais, recibimos numerosas mensaxes de persoas interesadas en participar. Isto indica claramente que no noso barrio existe un auténtico interese pola lectura e por compartir esa experiencia colectiva", afirman dende a asociación Breogán, subliñando que esta iniciativa está aquí para quedar e enriquecer a vida cultural da nosa contorna.

As reunións do club de lectura terán lugar o primeiro mércores de cada mes, proporcionando un espazo regular de encontro para todos aqueles que desexen mergullarse no mundo da literatura e da reflexión compartida.

0 Comentarios